debuxo artístico

Proposta de intervención sobre as medianeras

O proceso creativo consiste en sete fiestras distintas con motivos relacionados co mundo do mar que deben cubrir a parede medianeira dos edificios que sobresaen sobre as edificacións preexistentes. Tendo en conta o pasado mariñeiro da Ribeira dos Peiraos, pensamos que deberían ser os traballos do mar a fonte de inspiración para elaborar as diferentes composicións pictóricas. Ao principio barallamos a posibilidade de lugares emblemáticos do centro histórico (ex: a praza da Leña), para crear unha imaxe de barrio que se proxecta cara o promontorio da alameda. Feita a proxección, o resultado metía moito ruído e restaba personalidade a un barrio histórico que de sempre albergou unha importante poboación mariñeira e onde as actividades relacionadas co mar eran a esencia do día a día.

 

Partimos dunha serie de fotografías de mariscadoras sobre as que procedemos a destacar a silueta das formas e personaxes principais da escena que volcamos sobre un acetato. A partir desa silueta comezamos a traballar nos diferentes segmentos dese debuxo coa intención de enchelos con manchas de cor a modo dunha actuación fauvista. Unha vez rematada esa fase fixemos unha superposición da silueta inscrita no acetato coas manchas de cor e as encaixamos nun marco dunha fiestra inventada. Esta superposición de todos os elementos, finalmente, foi proxectada dun xeito virtual na medianeira elixida.

Unha variante deste proceso foi facer o mesmo, pero sen encaixalo nunha fiestra, tentando así cubrir todo o espazo da medianeira.

Detalle de propostas

Proceso creativo

 

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade