informe para o alcalde

Informe do alumnado de 2º ESO A sobre o río Gafos e sobre o barrio para o Alcalde de Pontevedra

 

Son Noelia Franco Moreira, estudante de 2º ESO A, no IES Sánchez Cantón e escribo estas liñas recollendo as ideas dos meus compañeiros e as miñas propias. Propuxéronnos escribirlle un informe para falarlle do importante que é para nós o noso entorno e máis concretamente o río Gafos.

 

Dende hai varios anos unha asociación que supoño coñece ben, chamada Vaipolorío, loita pola conservación non só de manter limpa a auga do río, senón tamén pola biosfera circundante. Tentan achegar á poboación a preocupación polo coidado do medio natural mediante distintos programas.

Con esta carta quero solicitar a súa axuda e apoio nesta cuestión, coa aplicación dunhas melloras para que a xente poida contemplar e gozar dun novo río Gafos.

 

Algunhas desas melloras pasarían por:

  • Controlar os verquidos e manter a limpeza do río.
  • Eliminar o estacionamento nas marxes do río porque os coches á parte de afearen a paisaxe natural do río, tamén afectan ao medio.
  • Engadir unha pasarela de madeira paralela ao río, un paseo fluvial para coñecermos o patrimonio.
  • Rehabilitar os edificios de valor patrimonial porque así a xente coñecería máis do pasado destes inmobles
  • Unha zona verde contínua ao longo do Gafos para que a cidadanía pase tempo preto do río
  • Recuperar o papel de corredor ecolóxico que de sempre tivo o río.
  • Destapar o Gafos por Campolongo.

Espero que vostede non sexa un deses políticos que só atenden aqueles casos que sexan mediáticos e que se implique na conservación da natureza,  pois súa tamén o é, e como xa lle comentei, cremos que o río Gafos é  importante e hai que coidalo.

 

A cidadanía tende a pensar no presente "eu agora respiro, teño auga potable, teño árbores e praias, que me importa a min o futuro?, que se arranxen despois!!, Oxalá inventaran unha máquina do tempo para envialos a ese futuro que non lles importa". É vostede un deles? Creo que non,  polo que espero e prego a súa axuda e, como dicía Albert Einstein, :"O mundo non está en perigo polas malas persoas, senón por aquelas que permiten a maldade"

 

Moitas grazas pola atención e reciba un cordial saúdo

 

Atentamente, 

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade