contribución debuxo técnico

 

  • Na materia de Debuxo Técnico o alumnado traballará na elaboración da documentación gráfica e planimétrica necesaria para o mellor coñecemento da realidade física do ámbito de estudo.
  •  Nunha fase posterior, asumirá tamén a concreción das diferentes propostas de actuación que se deriven da análise realizada, e definirá técnicamente os elementos de deseño asociados ás mesmas.
  • Como material base de traballo, os alumnos disporán na Aula Virtual da cartografía base do ámbito de actuación, en formato dwg. 

    Cada equipo de traballo realizará a tarefa encomendada partindo dese plano base, sobre o que poderá engadir a información necesaria ou realizar as modificacións que precise. Deberá respectarse en todo momento o formato de traballo previsto. 
  • Para o desenvolvemento da fase inicial se forman 6 equipos de traballo de tres persoas, que resolverán as tarefas asignadas nos apartados seguintes:

Plano base área de actuación

Descarga
PLANO BASE ÁREA ACTUACIÓN.pdf
Documento Adobe Acrobat 414.3 KB

Equipo 1

Elaboración, mediante un código gráfico de cores, do plano de alturas da edificación.

Descarga
Tarea 1.pdf
Documento Adobe Acrobat 571.1 KB

Equipo 2

Elaboración, mediante un código gráfico de cores, do plano de usos da edificación. Usos mínimos a considerar: residencial unifamiliar, residencial plurifamiliar, residencial hoteleiro, educativo, institucional, hospitalario, deportivo, zonas verdes.

Descarga
Tarea 2.pdf
Documento Adobe Acrobat 289.6 KB

Equipo 3

Elaboración, mediante un código gráfico de cores, do plano de edificios singulares polo seu valor histórico (tipoloxías orixinais de vivenda que se conservan) e etnográfico (muiños, lavadoiros, cruceiros).

Descarga
Tarea 3.pdf
Documento Adobe Acrobat 210.1 KB

Equipo 4

Utilizando o plano base como referencia e o recurso google maps (ou calquera outro axeitado), o equipo aportará a documentación fotográfica aérea que describa a situación do ámbito do río Gafos no conxunto da cidade, o propio ámbito e as partes do mesmo.

Descarga
Tarea 4.pdf
Documento Adobe Acrobat 706.2 KB

Equipo 5

Utilizando o plano base como referencia, o equipo aportará a documentación fotográfica que describa secuencialmente o percorrido visual polo río Gafos en ambos os dous sentidos do cauce. A posición de cada toma fotográfica deberá quedar referenciada no plano base.

Descarga
Tarea 5.pdf
Documento Adobe Acrobat 706.2 KB

Equipo 6

 

 

 

 

O crecemento urbanístico desproporcionado e pouco controlado da zona dos Gafos, con edificios de diferentes alturas e tipoloxías, xerou a aparición de grandes paredes medianeiras que contribúen notablemente ao “feismo” do barrio.

 

 O equipo traballará na elaboración dunha base de datos para a localización das medianeiras más conflictivas, que quedarán identificadas no plano base e acompañadas dunha ou varias imaxes fotográficas ilustrativas do seu impacto visual

Descarga
Tarea 6.pdf
Documento Adobe Acrobat 3.5 MB

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade