o río gafos como corredor ecolóxico

Traballando a súa posta en valor

  • Despois de analizar a evolución morfolóxica, as mudanzas no uso do solo e o patrimonio cultural e etnográfico que había no barrio, cales cres que son as debilidades e as ameazas que ten o barrio? Cales son as súas fortalezas e oportunidades?
  •  Que melloras introducirías no barrio? Por que? Que pretendes con esas melloras?
  •  O río é importante para o barrio. Funciona como un corredor ecolóxico. Pescuda en que consiste este termo. Busca as vantaxes e os inconvenientes dos corredores ecolóxicos.

 

  •  Cando teñas a oportunidade debes facer fotos que demostren que o río Gafos pode ser un corredor ecolóxico e, á vez, hábitat para as especies que viven nel.
  • En que parte do curso do río Gafos ao seu paso polo barrio cres que habería que facer algunha actuación para mellorar esa función de corredor? Recolle imaxes que indiquen esa deficiencia.
  • Cales son as funcións dos bosques de ribeira? Consulta este artigo

 

  • Coa axuda da información da páxina web da Asociación Vaipolorio elabora un album de fotos das especies vexetais (árbores e arbustos) existentes nas beiras do río e indica as súas características. Indica cales son as especies que hai no barrio.

 

 

  • Verás que na páxina non hai referencias ás especies que podemos ver ao carón do instituto. Esa presenza de aves anseriformes non son autóctonas. Elabora un album coa variedade de patos, ocas, gansos existente no treito final do río.

 

  • Ademais podemos ollar unha diversidade de aves mariñas. Elabora un album con esas especies.

 

  • No concello de Pontevedra, conscientes da riqueza natural que ofrece o río Gafos dende o seu nacemento, buscaron a declaración de Espazo Natural de interese local. Na seguinte ligazón podes ollar a área protexida

 

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade