o medio ambiente

Saída polo Gafos

 

Durante tres sesións lectivas, o alumnado levou a cabo un traballo previo á saída de campo. Tras explicar o tipo de actividade e os obxectivos da mesma, formáronse os grupos de traballo e comezou a procura de información na rede. Estudáronse os aspectos avaliables do río, é dicir, todos aqueles factores físico químicos medibles da auga , así como os métodos de recollida de mostras (instrumental, materiais, procedementos, normas de seguridade).

 

O día 15 de maio realizouse a saída de campo, durante a que se tomaron todas as medidas necesarias para o estudo. Nesta ocasión puidemos entrar en contacto coa natureza e co aspecto máis ameno da investigación. Foron necesarias a colaboración, xa non só dos profesores encargados, senón dos propios equipos de traballo, onde a organización por parte dos propios alumnos foron elementos clave para o desenvolvemento da actividade.

 

O procedemento consistiu na recollida de mostras en tres tramos distintos do río, para analizar algunhas das características do río, tomándose medidas da temperatura, pH, cor, cheiro e substancias como os nitritos e os nitratos.

 

Nos días seguintes, empregáronse outras tres sesións lectivas para analizar os resultados obtidos. Cada grupo ademais, elaborou unha memoria da actividade onde reflicte a importancia de cada un dos parámetros estudados, o procedemento da práctica, os materiais empregados, os resultados obtidos e as conclusións do estudo.

 

Toda a actividade estivo deseñada e organizada polo profesor Germán Santos Galiñanes

 

Para botarlle unha ollada aos resultados obtidos cómpre abrir as memorias que hai máis abaixo nesta mesma sección

 


Análise Físico-Químico da auga do Gafos

Modelo de táboa que utilizou o alumnado para a actividade

 PARÁMETROS DE ESTUDIO

TRAMO 1

TRAMO 2

 TRAMO 3

Temperatura       
Color      
Olor      
Elementos flotantes      
Sólidos      
PH      
Conductividad      
Turbidez      
Densidad      
Materia orgánica      

Descarga
MEMORIA DE PRÁCTICAS ANÁLISIS AGUAS DEL
Documento Adobe Acrobat 210.4 KB
Descarga
memoria fisica y quimica rio gafos lucia
Documento Adobe Acrobat 1.5 MB

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade