Propostas de mellora do patio escolar

A materia de Debuxo Técnico, impartida polo profesor Jaime Rodríguez Abilleira, desenvolveu ao longo do curso 2016-2017 e primeiro trimestre do 2017-2018 un traballo de achegamento planimétrico ao barrio e ao patio do centro, unha elaboración de propostas e a realización final que recollemos neste apartado. O primeiro pase de diapositivas presenta as ideas para mellorar o patio, atopadas  en internet,  que servirán de inspiración para as propostas traballadas no curso seguinte. 

O segundo pase de diapostivas recolle os traballos de cada un dos subgrupos sobre a creación de asentos en grada e bancos reutilizando pallets. Estas ideas, aprobadas polo Consello Escolar, deron pé a unha transformación do espazo porticado que temos no patio, habitualmente pouco usado polo alumnado. 

Pase de diapositivas das 5 propostas finais do alumnado de Debuxo Técnico de 1 BAC sobre  posibles melloras do mobliliario e humanización  do   recinto escolar.

CURSO 2016-2017

Pase de diapositivas da Proposta definitiva do alumnado de Debuxo Técnico 2º BAC sobre mobiliario e humanización do patio escolar

CURSO 2017-2018

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade