o patrimonio

Traballando o patrimonio cultural existente no barrio

No barrio hai construcións de gran valor patrimonial. Imos facer un percorrido polos exemplos máis importantes e significativos. Isto nos vai levar a investigar nos muíños, nos lavadoiros, nas fontes e nos peiraos. 

 

Os muíños que están presentes no barrio de estudo son, remontando dende a desembocadura, os muíños do Peilán, o de Soler e, un pouco máis arriba, o de Nores. O curso do río Gafos ou Tomeza estaba moi aproveitado para moer o gran. No espazo que estamos a estudar había estes tres que se ían pasando a forza hidráulica duns a outros. O máis recente deles era eléctrico. Como podes ver na imaxe a transformación foi intensa.

 

Imos a estudar as partes das que se compón un muíño e o seu funcionamento.

Para isto o primeiro é botarlle unha ollada a esta páxina web

 

Agora imos ver un vídeo explicativo do proceso

 

Imos ver se o comprendiches ben:

  • Que obra debemos facer no río para lograr que a auga pase polo muíño? A auga como entra no edificio?. Pescuda cal é a diferenza entre os muíños de canle e os de cubo. A que modalidade se axustan os que temos no Gafos?
  • Unha vez que a auga entra no edificio, que move? Que nome recibe o espazo onde está o mecanismo que recibe a forza da auga? Ese movemento acaba por trasladarse ao piso superior para mover unha peza clave da moenda. Como se denomina o eixo que conecta ambos espazos? Que nome recibe o espazo de moer o gran? Que peza move? Sobre onde dá voltas? Que debe ter na cara interior e superior a peza denominada “pé”? Para que será?
  • A que chamamos a moega? De que partes se compón? Que función cumpre o tarabelo?      
  • Para que será a cruz?

Como podes observar os muíños están ao carón do curso de auga, se ben antes ese leito sería máis ancho (hoxe está moi modificado e desviado). A auga pasaría dun muíño a outro nunha zona onde a velocidade da auga é bastante notable a pesar da proximidade da desembocadura.

  • Pescuda que tipoloxía de muíños podemos ter en Galicia se atendemos ao réxime de propiedade do mesmo: web do concello de Marín
  • Que queremos dicir con que un muíño era de maquía? E se é de herdeiros?
  • Estes do Gafos a que modalidade pertencerían?
  • Cando cres que tiveron a súa etapa de maior apoxeo? Por que? Cando entran en decadencia? Por que?
  •  Redacta unha carta ao alcalde solicitándolle a rehabilitación dun muíño. Explica as razóns da necesidade da posta en valor destes edificios, a importancia que tiveron no pasado e as razóns do seu valor actual.

O lavadoiro cuberto do Peilán significou un enorme avance para facer máis cómodo o lavado. Consistiu nun espazo de planta alongada ao que chegaba a auga do río, canalizada para servir ao muíño, e que antes pasaba polo lavadoiro. O teito soportado por piares cubría os postos que ocupaban as mulleres para lavar a roupa.  Este lavadoiro era de pago. Logo había outro descuberto e libre que aproveitaba a presa e a canle do muíño. A fotografía antiga permite ver como no descampado máis próximo hai roupa ao clareo.  

 

 


Na fotografía da esquerda podemos ver como era o lavadoiro a comezos do s. XX. Na da dereita, vemos ese mesmo espazo, pero cuberto. Na fotografía da esquerda pódese aprezar a existencia dun pontillón, hoxe desaparecido, que permitiría atravesar o río. Na actualidade hai unha ponte de madeira.

 

 

O mesmo espazo visto dende a parte oposta. Podemos ver en primeiro plano o fermoso e rústico pontillón e ao fondo o descampado para secar a roupa (hoxe hai un hotel) . Na parte alta distínguese o edificio da Deputación. Como podes ver o río estaba moi aproveitado e era un lugar moi concorrido. 

 

  • Vendo ese espazo na actualidade podes comprobar que está moi transformado. Cal das dúas situacións, a antiga e a actual, vos parece que goza dunha maior harmonía en todos os seus elementos? Cales puideron ser as razóns desa transformación? Le este parágrafo e trata de elaborar unha resposta:

“La especulación urbanística es la mayor lacra del país. La mala gestión del territorio ha desembocado en su destrucción, con graves consecuencias sociales y medioambientales: España se ha convertido en el país con el ritmo de construcción más alto de Europa y, paradójicamente, también es el país donde el acceso a la vivienda resulta más difícil.

 

El uso del suelo ha dejado de tener una finalidad social para transformarse en un negocio en el que sólo unos pocos se benefician -con ingresos ‘extras’- del imparable auge inmobiliario, en detrimento del total de la sociedad y el medioambiente.

 

Entre 1987 y 2000 la superficie urbanizada en España se incrementó un 29,5%. Entre 1987 a 2005 este incremento alcanzó el 40% (en Madrid la urbanización superó el 50% de su superficie urbana previa). El Parlamento Europeo, en un reciente informe, considera que la actvidad urbanística que se realiza en algunas zonas de España es de “enladrillada” y de “expolio de una cultura”.

 

El encarecimiento de la vivienda tiene su origen en el uso devastador del suelo: el Estado español tiene el mayor ritmo de construcción de la Unión Europea y, también,  el acceso más difícil a la vivienda. Entre 1987 y 2005 el precio acumulado de la vivienda aumentó un 250%, mientras que el nivel de endeudamiento familiar llegó al 125% de la renta disponible. La compra de un piso supone hacer frente a una hipoteca que acapara más del 40% del salario y el 70% en el caso de los jóvenes. De ahí que las hipotecas hayan pasado de plazos de 25 años a 40, para llegar incluso a los 50....”

                                Ecologistas en acción. Campaña “Ni un metro más de hormigón”. 2007 

 

  • Busca o significado da palabra especulación. Despois de ler ese parágrafo e vendo a imaxe do barrio cres que puido acontecer algo disto no espazo que estamos a estudar? Quen son os beneficiados por este proceso? Valoraron o medio natural, a presenza do río, a vexetación de ribeira e as construcións con valor patrimonial? 
  • Vimos noutro espazo desta unidade didáctica que o concello de Pontevedra mercou os inmobles (muíños) con vistas a poñer en valor este espazo. A día de hoxe non houbo avances sobre esa idea. Que lle transmitirías? Que proposta lle farías chegar ao Alcalde?

Precisamente onde colgaban a roupa hai unha fonte: a fonte do Peilán que antano estaba desprazada  do lugar que ocupa na actualidade, máis cara onde emerxe o IES Sánchez Cantón

  • Que importancia teñen as fontes?
  • Bota unha ollada á seguinte ligazón. Indica o tipo de fonte que temos no barrio. Que tipo de lendas hai arredor da auga das fontes? Poderías pescudar nalgunha lenda concreta?
  •  Nesta outra ligazón poderás comprender a orixe das fontes e a circulación das augas subterráneas. 

 

  • Poderías definir que é unha fonte? Que é o mano freático?

Outro elemento moi transformado no barrio son os peiraos. Vendo algunha fotografía antiga podemos ver a factura que tiñan. Hoxe, despois das obras de regularización das beiras, a inicios do s. XX, só quedan as ramplas ao río como elemento máis característico. Eses peiraos están construídos a base de amorear cachotería de forma e tamaño irregular, dando lugar a unhas construcións cuadrangualres sobre as que descansan unhas lastras aplanadas. As ramplas tiñan como obxectivo poder varar as embarcacións para protexelas dos embates do mar, das mareas e das correntes do ríos ou simplemente arranxalas polos carpinteiros de praia

Como podemos observar na fotografía as casas están asentadas sobre un sustrato rochoso, visible nalgunhas zonas. Sobre ese mesmo sustrato rochoso constrúen os peiraos con entrantes e saíntes nos que se instalan ramplas. A sinxeleza e o emprego dos materiais da zona, ao igual que as casas crea un conxunto harmónico e de gran beleza.   

 

AUTORÍA

Humberto Martínez Gargamala. Profesor de Xeografía e Historia

Carmen Pernas Lorenzo. Profesora de Educación Plástica e Visual

Jaime Rodríguez Abilleira. Profesor de Debuxo Técnico

Germán Santos Galiñanes.  Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

 Mª Rosario Sánchez- Gabriel Sánchez. Páxina web 

 

CONTACTO  e COORDINACIÓN

 HUMBERTO MARTÍNEZ GARGAMALA

Profesor de Xeografía e Historia. IES Sánchez Cantón

humart64@gmail.es

 

 

Convidámoste a visitar tamén Paisaxe dende a Fracha  outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade